Disa Consulting incorpórase ao Comité Estratéxico

Disa Consulting incorpórase ao Comité Estratéxico


None



Disa Consulting foi invitada a incorporarse ao Comité Estratéxico (COES) en sustitución de Tredess. Esta invitación, aprobada polo propio COES na súa reunión do pasado 8 de febreiro, correspóndese co número de votos acadado pola candidatura da empresa na Asemblea Xeral Extraordinaria do 12 de febreiro de 2010. O representante de Disa no COES será o seu director xeral, José Otero.

A instalación e distribución de terminais punto de venta (TPV) para recarga electrónicoa de telefonía fixa e móvil, servizos de transaccións para empresas, venda de tráfico de telefonía, servizo inalámbrico de conexión a Internet a través de redes WLAN e tarjetas internacionais de pago son as principais áreas de negocio de Disa Consulting. A compañía ten a súa sede corporativa en Betanzos, e conta con oficinas comerciais en Madrid e Tenerife, e cunha filial na República Dominicana. A súa plantilla está composta por un centenar de traballadores e súa facturación superou os 280 millóns de euros en 2010.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies