David Trigo participa nun debate sobre o papel dos cluster na creación de emprego

David Trigo participa nun debate sobre o papel dos cluster na creación de emprego


Representado polo seu xerente, David Trigo López, o Cluster TIC Galicia participou na xornada Fórmulas innovadoras na xeración de emprego: un enfoque clúster, acollida ao programa Euroemprego, que se desenvolveu este xoves, día 27 de setembro, na localidade cordobesa de Lucena.

O encontro serviu para dar a coñecer os resultados obtidos ao longo da execución do programa, cuxo obxectivo xeral foi buscar, analizar e deseñar novas fórmulas de xeración de emprego que poidan ser transferibles ás políticas activas de emprego, partindo da experiencia exitosa de Vindeira, a plataforma tecnolóxica das TIC de Galicia e a Asociación Cluster de Industrias e Medio de Euskadi (ACLIMA).

David Trigo tomou parte na sesión de traballo que abordou os elementos fundamentais dos clústers produtivos nun ámbito de xeración de emprego. Xunto ao xerente do Clúster TIC Galicia, participaron no debate a analista de ACLIMA, Begoña Castillo Lacabex, e a directora-xerente da Fundación Ciedes de Málaga, María del Carmen García.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies