Convocado o concurso para a elaboración da plataforma web do Cluster

Convocado o concurso para a elaboración da plataforma web do Cluster


O Cluster TIC Galicia solicita aos seus socios ofertas para o deseño e desenvolvemento da súa plataforma web, cun orzamento de 15.000 euros. O prazo para a presentación de propostas remata o 15 de abril.

O obxecto do concurso é a creación da plataforma web do Cluster, así como o seu aloxamento e posicionamento en buscadores. A oferta está restrinxida a empresas que sexan membros do Cluster e que estean ao corrente no pago das cotas sociais. Quedan excluidas as empresas representadas no Comité Estratéxico.

Con este proxecto, nacido da iniciativa do grupo de traballo de Marketing e respaldado polo Comité Estratéxico do Cluster, preténdese ampliar a presenza da asociación na sociedade a través de Internet; dar servizos aos asociados; desenvolver un soporte que sexa referencia en información sobre o sector TIC na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, e atraer novos asociados para facer crecer a base social do Cluster.

A futura web do Cluster contará cunha zona pública e outra reservada aos socios e, entre outros contidos, ofrecerá información corporativa, fichas promocionais dos socios, recursos para os medios de comunicación, servizos para os asociados e unha bolsa de emprego.

Os socios interesados en participar no concurso deberán presentar unha proposta acorde coas condicións establecidas nos pregos administrativos e técnicos.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies