En colaboración co Colexio Oficial de Titulados Mercantís e Empresariais de Galicia, nace o primeiro número da publicación de estudos de mercado “Sinergia Empresarial” baixo o título “As Asesorías na Comunidade Galega”.
Co afán de mellorar a atención aos seus clientes
CAI Sistemas Informáticos considerou necesario realizar un estudo que permita coñecer a realidade de todo o sector no ámbito galego.
A realización do estudo de mercado levouse a cabo integramente por persoal de
CAI Sistemas Informáticos, durante un período de cinco meses en que se efectuaron, entre outras tarefas, máis de 400 cuestionarios a outras tantas asesorías das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra.
Despois dunha profunda análise do sector, traballando con diferentes fontes de información ademais dos cuestionarios realizados, o estudo presentouse con éxito nas “II Xornadas de Asesores de Empresas” organizadas por
CAI Sistemas na cidade de Vigo.
O obxectivo principal deste estudo é coñecer, analizar e difundir de forma fidedigna a actual situación do sector da Asesoría Laboral, Fiscal e Contable na comunidade autónoma de Galicia.
Ao tratarse dunha publicación de interese máis aló do ámbito vinculado aos creadores do estudo, enmarcouse a publicación dentro do Proxecto Sinerxía Empresarial do Colexio Oficial de Titulados Mercantís e Empresariais de Galicia, coa intención de difundilo amplamente, xa que é o único estudo con estas características na nosa comunidade, debido ao cal resulta de gran interese non só para os seus colexiados, senón tamén para todas as persoas vinculadas ao sector das Asesorías de Empresas.
Comentarios