As axudas da SXMIT de 2011 non son incompatibles nin están limitadas polas recibidas en 2010

As axudas da SXMIT de 2011 non son incompatibles nin están limitadas polas recibidas en 2010


Segun información remitida ao Cluster  pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT), as convocatorias para investimentos de empresas no ano 2011 (PR519A, PR520A e PR522A) están baixo o réxime de minimis, e non existe incompatibilidade coas axudas recibidas para investimentos de empresas no ano 2010 (PR519A e PR520A), xa que estas axudas iban baixo outro réxime, neste caso baixo o marco temporal comunitario contra a crise.

A SXMIT remitiu esta aclaración ao Cluster como resposta ante as numerosas consultas recibidas sobre o asunto.

A SXMIT engade que as axudas suxeitas ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE do 28 de decembro de 2006, L379) non poden acumular no beneficiario máis de 200.000 euros nun período de 3 anos fiscais: o actual 2011, e os dous anteriores 2010 e 2009. A acumulación refírese á axuda total concedida en dito período baixo de minimis independentemente da forma da axuda (fondo perdido, crédito reembolsable, plurianualidade ou varios prazos, garantías, etc).

O marco temporal comunitario permitía no 2010 axudas de ata 500.000 €, pero a súa vez excluía da dita cantidade as que a empresa xa tivera baixo de minimis. Como exemplo: se a empresa tiña 150.000 € por de minimis só podía obter ata 350.000 € polo marco temporal.

Para saber máis, pódese consultar a normativa comunitaria nos seguintes enlaces:

http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2006:379:0005:0010:es:PDF

http://www.micinn.es/stfls/MICINN/Ministerio/FICHEROS/Legislacion/Ayudas%20en%20contexto%20crisis.PDF

http://ec.europa.eu/eu_law/state_aids/comp-2009/n307-09.pdf

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies