En relación ás Bases de Apoio a Internacionalización do IGAPE para o 2013, o Instituto Galego de promoción Económica quere contar coa opinión dos socios do Cluster TIC Galicia sobre as liñas actuais. Unha opinión que se plasme en suxestións de modificación e/ou complemento das bases, de modo que estas faciliten a posta en marcha de accións de promoción internacional que faciliten as accións que supoñan unha colaboración interempresarial.
Para esta colaboración solicitan unha análise das bases 2012 e remitir unha ficha cuberta para as liñas de axuda existentes que entendan que deben mellorar indicando as melloras concretas.
Ademáis poden mesmo engadir fichas con novas liñas que entendan que se deberan crear para cubrir apoios que non están actualmente a disposición das empresas galegas a través de Igape ou doutros organismos. As liñas de apoio actuais son:
Comentarios