Acordos do Comité Estratéxico na súa reunión do 12 de abril

Acordos do Comité Estratéxico na súa reunión do 12 de abril


O Comité Estratéxico (COES) do Cluster TIC Galicia, na súa reunión do pasado 12 de abril, adoptou os seguintes acordos: 

  • Aprobouse por unanimidade a acta da reunión anterior, celebrada o 19 de xaneiro.
  • Tamén por unanimidade, acordouse aceptar os cambios de representación no COES que se tiñan solicitado. Deste xeito, Jesús Lage Fernández pasa a ser o representante de Everis Spain, S.L., e Francisco Javier Rodríguez Martínez, o representante deo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
  • Do mesmo xeito, aprobouse por unanimidade que Jesús Lage Fernández pasa a ser o secretario do Cluster TIC Galicia.
  • Aprobáronse as incorporacións ao COES de Tecnologías Plexus, S.L., representada por Antonio Agrasar Cascallar, e de Bahia Software, S.L., representada por Martín Gómez Rodríguez. Este punto tamén gozou de apoio unánime.
  • Igualmente por unanimidade, acordouse fixar para 25 de maio a data de celebración da Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster, que se tratará de facer coincidir coa celebración do Lacón Network. Tamén foron aprobadas as contas anuais correspondentes a 2011, o Plan Operativo e o Presuposto 2012, que han ser presentados nesta Asemblea.
  • Acordouse o futuro cambio da sede do Cluster.
  • Aprobouse incrementar a comunicación externa e realizar unha presentación ante os medios de comunicación da Axenda Estratéxica de I+D+i realizada polo Cluster TIC Galicia e Vindeira.
  • O Plan de Internacionalización “Plan 100 TIC” tamén foi aprobado por unanimidade.
  • O COES respaldou a continuación do traballo do grupo de Innovación e Demanda Temperá na dirección proposta, que prevé a posta en marcha de seis subgrupos para desenvolver sendos proxectos: A Peme do Futuro, Barrio Dixital, Escola 2.0, Fidelización de turistas, Fidelización Comercial e Eficiencia Enerxética. Estes subgrupos están abertos á participación dos socios interesados.
  • Aprobouse continuar as xestións para a sinatura dun convenio marco co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC).
  • Finalmente, acordouse dar difusión pública á posta en marcha da nova páxina web do Cluster.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies