Na súa reunión do 18 de outubro de 2012, o Comité Estratéxico do (COES) Cluster TIC Galicia adoptou os seguintes acordos:
Aprobación por unanimidade da acta da reunión anterior, celebrada o día 13 de setembro de 2012
Para cubrir vacantes no COES, aprobouse incorporar a este órgano un membro do Grupo 1, outro membro do Grupo 2 e tres membros do Grupo 3.
Por proposta do presidente, deuse luz verde ás seguintes delegacións de responsabilidades:
- Presidente: Responsable da Axenda Estratéxica de I+D / Grandes Iniciativas TIC do Cluster.
- Vicepresidente: Responsable do proxecto da actualización continua do Plan Estratéxico, así como do esponsable proxecto de relacións con CDTI.
- Tesoureiro: Responsable do Plan Operativo anual do Cluster.
Aprobáronse os seguintes proxectos propostos polo presidente para os cales é necesario nomear un responsable:
- Fomento da internacionalización e catálogo de produtos das empresas do Cluster
- Formación interna do Cluster.
- Relacións con asociacións e clústeres TIC españois e internacionais.
- Iniciativas TIC con asociacións e clústeres de sectores produtivos galegos.
- Marketing interno do Cluster.
- "Voluntariado Dixital".
- Atracción de investimentos de multinacionais.
Aprobouse, así mesmo, que o presidente lidere o grupo de traballo que se forme para a reforma dos Estatutos e do Regulamento de Réxime Interno.
Acordouse comunicar á Universidade de Vigo que non se conseguiu o consenso suficiente para apoiar a implantación do grao en Enxeñaría Física no Campus de Ourense.
Decidiuse que o Cluster TIC non ofreza apoio solicitado por Gal-Eventos clúster, porque non se considera un organismo directamente vinculado.
Finalmente, facendo uso dunha potestade que lle confierne o punto 9 do Regulamento de Réxime Interno, o COES acordou eliminar a cota de reingreso para os socios que se reincorporan ao Cluster.
Comentarios