Abertal Networks desenvolverá a nova plataforma web do Cluster

Abertal Networks desenvolverá a nova plataforma web do Cluster


A empresa Abertal Networks S.L. resultou a gañadora do concurso convocado polo Cluster TIC Galicia para o deseño e desenvolvemento da súa plataforma web.

A oferta presentada por Abertal obtivo 68 puntos de valoración, sobre un máximo de 100, co que foi considerada globalmente a mellor das cinco que se presentaron. As outras catro empresas que participaron na licitación foron Corunet, S.L., cunha oferta que acadou 64,8 puntos; Balidea Consulting & Programming, S.L. (55,8 puntos), Hacce Soluciones TIC (52,8) e Redegal, S.L. (39).

En próximas datas celebrarase unha reunión entre o xerente do Cluter e Abertal Networks para poñer en marcha os traballos de elaboración da web, que deberá estar lista nun prazo de catro meses a partir da sinatura do contrato.

Cabe recordar que o obxectivo establecido nos pregos do concurso é a creación da plataforma web do Cluster, así como o seu aloxamento e posicionamento en buscadores. A oferta estaba restrinxida a empresas membros do Cluster, quedando excluidas as representadas no Comité Estratéxico.

Nacido da iniciativa do grupo de traballo de Marketing e respaldado polo Comité Estratéxico, o proxecto de creación da nova plataforma web conta cun orzamento de 15.000 euos e ten por obxectivos ampliar a presenza do Cluster na sociedade a través de Internet e dar servizos aos asociados. Asemade, a futura web deberá ser un soporte informativo de referencia sobre o sector TIC na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, e contribuir a captación de novos asociados. Contará cunha zona pública e outra reservada aos socios e, entre outros contidos, ofrecerá información corporativa, fichas promocionais dos membros do Cluster, recursos para os medios de comunicación, servizos para os asociados e unha bolsa de emprego.

A resposta á convocatoria pon de manifesto o traballo conxunto dos socios, que constúe un apoio fundamental ao labor diario da xerencia e da administración do Cluster.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies