Aberta unha nova quenda para que os socios do Cluster incorporen propostas ao Centro Público Demostrador TIC

Aberta unha nova quenda para que os socios do Cluster incorporen propostas ao Centro Público Demostrador TIC


No marco de colaboración entre o Cluster TIC Galicia e a Xunta de Galicia, iníciase outra oportunidade de incorporación de novas propostas para o Centro Público Demostrador TIC.

Nesta nova quenda, os socios poderán suxerir a incorporación de produtos e servizos propios ao catálogo inicial do Centro Público Demostrador TIC, ademáis de aportar propostas ou suxestións que contribúan ao proxecto.

Para iso, deberán encher un formulario e remitilo ao Cluster TIC, por medio da seguinte dirección de correo electrónico: info@clusterticgalicia.com.

Nese formulario deberán incluir información detallada sobre os produtos e soluciós propostas.

O Centro Público Demostrador TIC está enmarcado nun dos eixos de actuación da Axenda2014.gal, concretamente no eixo “Empresa dixital e innovadora”, como punto de encontro entre a oferta do sector TIC e as empresas galegas que demandan novos produtos e servizos para mellorar a súa produtividade e competitividade e, adicionalmente, servirá como marco para propiciar a innovación e transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento entre o sector TIC e as empresas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies