Aberta a convocatoria 2012 do programa Intelligent Energy Europe

Aberta a convocatoria 2012 do programa Intelligent Energy Europe


A Oficina de Programas Internacionais de I+D+i informa da apertura da convocatoria 2012 do Programa Intelligent Energy Europe (IEE), encadrado dentro do CIP (Competitiveness and Innovation Programme).

O Programa IEE pretende acelerar as accións en relación coa estratexia e os obxectivos comunitarios acordados no eido da enerxía sostible, fomentando os investimentos en tecnoloxías novas e máis rendibles e o aumento da eficiencia e a diversificación enerxética. IEE financiará actividades tales como a capacitación; creación e difusión de know-how e métodos; intercambio de experiencias; desenvolvemento do mercado; aportacións a políticas enerxéticas; concienciación, información e formación. Non financiará proxectos de I+D.

Áreas temáticas:

  1. SAVE: Eficiencia enerxética e uso racional da enerxía
  2. ALTENER: Fontes de enerxía novas e renovables
  3. STEER: Enerxía no transporte
  4. Accións integradas

Data de peche: 8 de maio de 2012 ás 17:00 (hora local de Bruxelas). Excepción: Iniciativa “Build Up Skills” (dentro das “Accións integradas”), que pecha o 9 de febreiro para as accións do Pilar I, e 30 de abril para as accións do Pilar II

Orzamento: 67 millóns de euros

Porcentaxe de financiamento: ata o 75% dos custos do proxecto. Excepción: para accións do Pilar I da Iniciativa “Build Up Skills” poderase chegar ata o 90% dos custos subvencionables do proxecto.

Consorcio: Como mínimo, 3 entidades establecidas en 3 países elixibles diferentes.

Duración: máximo 3 anos.

Orzamento habitual: entre 0.5-2 millóns de euros

Web da convocatoria


Infoday: Terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro en Bruxelas. Xa está aberta a inscrición no seguinte enderezo

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies