Se hai unha materia pendente no eido da computación da nube, probablemente esta radique na seguridade. Ou sexa, na posibilidade de levar a cabo todo tipo de operacións na Rede (que é no que consiste a fin de contas a nube), dende trámites a labores de xestión, cun 100% de garantías sobre a privacidade dos nosos datos e da autenticidade das outras persoas que están en liña. Neste punto é onde traballa precisamente a firma galega Aldaba, que en colaboración co Grupo de Tecnoloxías de Información (GTI) da Universidade de Vigo vén de desenvolver un sistema para achegar este nivel de seguridade que se require.
Ler máis
Fonte: Código Cero
Comentarios