O Cluster TIC Galicia fai un balance moi positivo do anuncio feito antonte polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de habilitar un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica, cun orzamento de vinte millóns de euros.
Esta iniciativa constitúe unha excelente noticia para o sector galego das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), xa que apunta directamente a unha das principais necesidades coas que se atopan as empresas e os emprendedores: dispor de fontes de financiamento para poñer en marcha os seus proxectos.
O Cluster entende que o capital risco é un recurso adecuado á realidade do sector. Un recurso que, sumado ao desenvolvemento doutras ferramentas financeiras, pode contribuír a acadar os obxectivos de crecemento, internacionalización e competitividade das empresas TIC de Galicia.
Nota de prensa Cluster TIC Galicia
Comentarios