A AETG na súa aposta polo desenvolvemento da sociedade, participa no Plan Avanza do Ministerio de Industria co obxectivo de mellorar a formación dos nosos traballadores como medio para afrontar o futuro, e mais concretamente, a dos técnicos en competencias TIC que poidan traballar na economía do coñecemento.
O programa de cursos subvencionados van dende a execución e seguridade de infraestruturas Networking, Linux e outros tipos de redes ata a administración de bases de datos incluíndo diversos módulos de programación en novas tecnoloxías.
Data noticia: 21-01-2011
Os cursos están subvencionados para os traballadores de Pemes e Autónomos que sexan seleccionados e teñen unhas condicións especiais para o resto dos colectivos, especialmente o de desocupados e funcionarios.
Os alumnos que se matriculen nestes cursos obterán unha acreditación homologada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e certificada polas principais compañías participantes: Cisco Systems, Microsoft, SAP, Siemens e Oracle.
Ler máis
Fonte: AETG
Comentarios