O 5 de maio é a data elixida para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster. O lugar será Santiago de Compostela. Nesa mesma xornada terá lugar tamén a presentación pública do Plan Estratéxico 2011-2013, acto ao que serán invitados representantes das administracións públicas, da sociedade civil e dos medios de comunicación. A administración do Cluster remitirá aos socios a convocatoria oficial da Asemblea.
Comentarios