● A empresa tecnolóxica galega, que en 2021 xestionou dixitalmente máis de10 millóns de documentos, estima que os seus clientes aforraron máis de 30 millóns de euros.
No 2020 a dixitalización posicionouse como un elemento vertebrador que garantía a supervivencia dos procesos administrativos ante situacións excepcionais. En 2021, esta tendencia continuou á alza. A implementación de ferramentas dixitais converteuse nun básico para calquera compañía que queira mellorar a eficiencia dos seus procesos e garantir a súa operativa en remoto.
Este pasado ano, Docuten axudou aos seus máis de 350 clientes a automatizar procesos imprescindibles para o correcto funcionamento da operativa diaria dunha empresa grazas á firma dixital e á factura electrónica. En total xestionaron 10.720.002 documentos (fronte aos 8.5 millóns de documentos do 2020), entre facturas electrónicas emitidas e recibidas e documentos enviados a firma. A automatización e dixitalización destes procesos administrativos ha xerado un aforro nos seus clientes de máis de 30 millóns (fronte aos 19.5 millóns do 2020).
Pero o aforro non só afecta os seus clientes a nivel económico, senón que, coa automatización, Docuten conseguiu que os seus clientes eviten máis de 2 millóns de horas empregadas en tarefas repetitivas, horas que os seus traballadores poden empregar noutras tarefas que acheguen valor de negocio.
Ademais, é relevante destacar outro dos propósitos de Docuten: mellorar a sustentabilidade empresarial e a pegada ecolóxica dos seus clientes. Segundo a empresa e desde un punto de vista conservador (baixo a premisa de que cada un dos documentos tratados estaba constituído por única folla) os seus clientes conseguiron evitar o gasto de 97.552 kg de madeira (unhas 893 árbores), evitar a emisión de 7.075,20 kg de CO₂, (cantidade de CO₂ que emite un coche de gasolina de tamaño medio en aproximadamente 49.477km.), así como o uso de 107.200.020 litros de auga (cantidade gastada por 806 persoas en España cada día).
Comentarios