27 April 2010
O Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia ratificou a posta en marcha das comisións e grupos de traballo, cos que a entidade comeza a traballar cara aos seus obxectivos estratéxicos. Este método de reparto das tarefas responde ao compromiso expresado desde a presidencia de artellar fórmulas para a participación de todas as entidades representadas no Cluster nos procesos de toma de decisións. Unha destas comisión dedicarase a elaborar unha proposta para os novos estatutos da entidade, compromiso que tamén adquiriu o presidente, Rafael Valcarce, ante a Asemblea Xeral Extaordinaria do 11 de febreiro. O resto de grupos traballarán nas seguintes ...
27 April 2010
O Comité Estratéxico aprobou a iniciativa pola cal o Cluster TIC Galicia estará representado en ERRIN, a rede de investigación e innovación das rexións europeas.Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Comité de Dirección, será o representante do Cluster TIC neste foro internacional. En ERRIN participan administracións, universidades e centros de investigación de 80 rexións europeas. Esta plataforma, creada en 2006, ten como obxectivos principais facilitar o intercambio de coñecemento e establecer lazos de colaboración entre os seus membros para o desenvolvemento das súas capacidades no terreo da investigación e a innovación. Conta con nove grupos de traballo, entre eles ...