Xornada informativa sobre o programa Re-Acciona

Xornada informativa sobre o programa Re-Acciona


O martes 27 de novembro, na sede do FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela) celébrase unha xornada informativa sobre o programa Re-Acciona á que están convidados os socios do Cluster.

A xornada desenvolverase conforme ao seguinte programa:

  • 09:45 Recepción dos asistentes.
  • 10:00 Presentación da Xornada.
  • 10:10 O programa Re-Acciona: Servizos para a mellora da competitividade das pemes.
  • 11:30 Experiencias reais de participación no programa.
  • 11:45 Pausa café.
  • 12:00 Consultas individuais (previa inscrición).

O programa Re-Acciona é unha iniciativa posta en marcha polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), con financiamento dos fondos FEDER, para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas. O seu obxectivo é facer accesibles ás pemes servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano, como fonte de creación de vantaxes competitivas sustentables.

Desde o Cluster anímase aos socios a participar nesta xornada que de seguro será do seu interés.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies