Conscientes da importancia de abrir mercados máis aló dos límites de Galicia, e dispostos a sumar forzas cara ese obxectivo, varios socios do Cluster TIC Galicia veñen de lanzar a idea de poñer en marcha unha oficina comercial compartida en Madrid.A iniciativa, que estivo nalgunhas das animadas conversas da primeira Xornada de Negocio e Networking, está aberta tanto a socios como a entidades alleas ao Cluster. Trátase, en definitiva, de compartir un recurso e tirar del o máximo partido.As empresas interesadas, poden coñecer os detalles da proposta poñéndose en contacto coa administración do Cluster a través do correo electrónico.
Comentarios