A primeira xuntanza do grupo, que tivo lugar o 24 de outubro, reuniu a 13 empresas dos sectores TIC e Audiovisual con interese en torno a dúas áreas temáticas: os contidos relacionados coa explotación de patrimonio cultural e os contidos dixitais para educación.
Nesta primeira xuntanza comentouse brevemente a área temática “Content Technologies and Information Management” do Programa de Traballo de Horizonte 2020 centrándose no programa de apoio ao crecemento das pemes de industrias creativas cunha compoñente innovadora TIC.
O grupo reunirase de novo o vindeiro 7 de novembro co cometido de xerar ideas.
Comentarios