Redegal premiada Mellor Axencia Dixital de Captación de tráfico nos premios eAwards

Óscar Santos Rodríguez,

Redegal premiada Mellor Axencia Dixital de Captación de tráfico nos premios eAwards


A compañía ourensá recolleu o pasado día 19 de abril o premio a Mellor Axencia Dixital de Captación de Tráfico dentro do eshow México, a feria de eCommerce e Marketing Dixital por excelencia.

O festival que se celebra cada ano premia aos mellores ecommerce e axencias dixitais máis destacadas do ano, e se outorgan pola empresa eWorld, editora da revista profesional de eCommerce e marketing online eShow Magazine. A entrega de premios tivo lugar no WTC da Cidade de México e congregou a grandes personalidades do mundo da publicidade e marketing dixital do país.

Neste caso, Redegal foi premiada grazas a súa estratexia de captación de tráfico orgánico para o diario Milenio e o grupo Martí. O periódico mexicano apostou por Redegal para elaborar unha estratexia de SEO real time para eventos sinalados como a visita do Papa a México. Pola súa parte, a cadea de roupa deportiva líder do país recorreu á axencia para a migración SEO da súa páxina web.

Este premio súmase aos conseguidos 2015 tras ser premiada por Google como mellor axencia española en retorno de inversión publicitaria na celebración anual do All Stars Competition e Premio Xoven Empresario 2015 pola Federación Galega de Xóvenes Empresarios-AJE Galicia.

Redegal se posiciona en Colombia
O premio, chega nun momento de plena expansión internacional tras acabar de abrir a sú última oficina en Colombia. A aposta por este país baséase na evolución do comercio electrónico e o cambio de actitude do usuario colombiano.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies