R convida aos socios do Cluster a participar no proceso para seleccionar o provedor da súa plataforma de sensores

R convida aos socios do Cluster a participar no proceso para seleccionar o provedor da súa plataforma de sensores


R ven de abrir un proceso de selección de empresas ou consorcios pertencentes ao Cluster TIC Galicia que dispoñan de experiencia acreditada en plataformas de "operadores de sensores".

Para acreditar esta experiencia é necesario presentar en R documentación xustificativa, facendo especial fincapé nas seguintes áreas:

  • Plataformas Big Data.
  • Sistemas de información xeográfica.
  • Sensores e concentradores de sensores.

Os interesados na oferta deberán especificar se dispoñen de produto propio ou se propoñerán un desenvolvemento orixinal.

As empresas ou consorcios de empresas que xustifiquen esta experiencia serán seleccionadas e recibirán a documentación necesaria para poder participar no proceso da "Request For Purchase" internacional da plataforma de sensores de R.

En caso de igualdade de condicións na oferta final, R comprométese a escoller a solución galega.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies