Pemes e centros tecnolóxicos, convidados a unha xornada internacional de brokerage en Oporto

Pemes e centros tecnolóxicos, convidados a unha xornada internacional de brokerage en Oporto


Segundo se informa desde a secretaría técnica de Vindeira, a Dirección Xeral de I+D+i (DXIDI), nas súas actuacións para desenvolver o Plan I2C, segue a priorizar dúas liñas estratéxicas, a innovación nas pemes e a promoción da súa internacionalización. Nesta liña, o vindeiro martes 27 de marzo terá lugar en Oporto unha xornada  internacional na que se levará a cabo un brokerage event. O obxectivo desta actividade é propiciar o contacto directo entre participantes provintes de diferentes países europeos para facilitar a procura de iniciativas de interese e socios para a presentación de proxectos ao programa cadro. A DXIDI invita ás empresas a participar neste evento para fomentar a presentación de propostas de proxectos europeos na promoción dos SIC, especialmente os servizos TIC, a xestión de proxectos e en especial a xestión da I+D. O Brokerage Event está especialmente destinado a empresas consultoras, centros tecnolóxicos, e pemes que oferten servizos nesas areas e a empresas que os demanden. Este Brokerage Event está encadrada no Proxecto Europeo ATLANT KIS do Espazo Atlántico. Este Proxecto ten como prioridade promover os Servizos Intensivos de Coñecemento (SIC), entendendo estes como aqueles servizos de valor engadido que se levan a cabo entre as pemes e os provedores de coñecemento para fortalecer así a capacidade competitiva das empresas. A DXIDI é socio do proxecto xunto a outras rexións de Francia, Portugal, Irlanda, España e Reino Unido. Máis información sobre ATLANT KIS pódese atopar no seguinte enlace: http://www.atlantkis.eu/en/news/atlant-kis_conference_27th_march_2012_oporto_portugal Para facilitar a participación das entidades galegas interesadas, a DXIDI contará cun servizo de autobús dende Santiago e Vigo para achegar os axentes galegos a Oporto o luns 26 pola tarde, con volta pola noite do martes 27 dende Oporto. Asemade, ponse a dispor dos axentes galegos un número limitado de habitacións para facilitar o aloxamento. Estes servizos non terán custo. Os interesados en participar, deben poñerse en contacto con Vindeira o antes posible para xestionar o desprazamento e facer chegar a solicitude cuberta ao correo electrónico eventos@fundacioncalidade.org , as prazas son limitadas e se priorizará as solicitudes por orde de chegada. Pensando en quen non poida asistir ao evento, o consorcio de Atlant Kis lanzou a plataforma web www.kis4smes.com para facilitar a oferta e demanda de SIC entre entidades das diferentes rexións. Programa Formulario de inscrición Información sobre hoteis Contacto coa secretaría técnica de Vindeira: Tlf: 986-813406. Móvil:634-776441 http://www.vindeira.org ETSI Telecomunicación, Lagoas Marcosende s/n 36310 Vigo

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies