Os socios poden inscribirse ata o 19 de setembro no Programa en Xestión e Desenvolvemento de Novos Produtos da Universidade Corporativa CEAGA

Os socios poden inscribirse ata o 19 de setembro no Programa en Xestión e Desenvolvemento de Novos Produtos da Universidade Corporativa CEAGA


O Cluster TIC e o Cluster de Empresas da Automoción de Galicia (CEAGA) mantiveron recentemente un encontro no que se acordou dar aos socios do Cluster TIC concidións privilexiadas de acceso a accións formativas organizadas por CEAGA.

Deste xeito, e como primeiro froito deste acordo, os socios interesados disporán de prazo ata o 19 de setembro para matricularse na terceira edición do Programa en Xesión e Desenvolvemento de Novos Produtos, organizado pola Universidade Corporativa CEAGA (UCC).

Para facelo, cómpre encher e remitir a UCC o boletín de inscrición.

Programa GDNP III (UCC)

Formulario inscripción GDNP III (UCC)

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies