Os socios, convidados á presentación do proxecto Innova Saúde

Os socios, convidados á presentación do proxecto Innova Saúde


A Consellería de Sanidade ven de convidados aos socios do Cluster TIC Galicia a asistir ao acto de presentación do proxecto Innova Saúde, que terá lugar o  próximo luns, 30 de abril, ás 9:45 h. no Museo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O acto estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Aqueles socios interesados, deben confirmar a súa asistencia antes do xoves, 26 de abril, mandando un correo electrónico a gabinete.sanidade@sergas.es ou chamando aos teléfonos 881 542713 ou 881 542719.

O proxecto Innova Saúde encádrase na aposta da consellería de Sanidade e da súa titular, Rocío Mosquera Álvarez, de poñer en valor o sector sanitario como creador de valor, para o que se quere facer da innovación unha ferramenta fundamental. Con este fin, e segundo informou recentemente a consellería, tense posto en marcha unha plataforma de innovación cun orzamento de 100.000 euros, paraugas baixo o cal vanse desenvolver os proxectos H2050 e Innova Saúde.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies