Os socios, convidados á presentación do Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC

Os socios, convidados á presentación do Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC


A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) invitou ao Cluster TIC Galicia e aos seus membros a asistir á xornada de presentación do Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC. Este evento terá lugar o mércores 14 de setembro no auditorio da Biblioteca da Cidade de Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

A xornada técnica de presentación do citado programa desenvolverase con motivo da reunión en Santiago da comisión executiva do padroado do Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en Fontes Abertas (CENATIC).

Segundo informa a SXMIT, a xornada reunirá a empresas e profesionais do sector TIC de Galicia que desenvolven a súa actividade en diferentes eidos, como hardware, desenvolvemento de aplicacións e prestación de servizos TIC, así como formación de carácter tecnolóxico.

O obxectivo da sesión é mostrar o Ecosistema de Competitividade desenvolvido por CENATIC para empresas TIC, que inclúe as seguintes liñas de actuación:

• Metodoloxía de Compatibilidade de Hardware, que está orientada a empresas, entidades públicas, fabricantes e/ou integradores e distribuidores de hardware, que traballen no campo de probas de hardware, ou teñan interese na consulta de resultados de probas de hardware para detectar compatibilidade entre hardware e software libre.

• Modelo de Mellora de Empresas, que está orientado a empresas que queiran incrementar a súa competitividade a través de procesos de mellora, e a empresas que vexan na auditoría do devandito proceso unha posibilidade de ampliar o seu modelo de negocio.

• Modelo de Capacitación Certificada, que está orientada a empresas de formación eelaboración de contidos formativos, pero tamén a todas aquelas empresas e profesionais que queiran mellorar a súa capacidade e competitividade para o mercado de traballo, a través de formación específica en materias relacionadas co software libre.

A axenda da xornada será a que a seguinte:

• 9:00 a 9:30

Inauguración, a cargo de Dña. Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, D. Miguel Jaque, director xerente de CENATIC, e D. Carlos Cano, director xeral de Red.es.

• 9:30 a 10:30

Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC. A cargo de D. Miguel Jaque, director xerente de CENATIC.

• 10:30 a 11:30

Experiencia do proxecto ABALAR. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Experiencias de internacionalización de empresas FLOSS galegas.

•11:30 a 12:00

Declaracións a medios de comunicación.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies