A elaboración do Plan Estratéxico do Cluster TIC está xa en marcha. Deza Business, consultora seleccionada para a elaboración deste traballo, comenzou xa o seu labor, que deberá estar concluído a o próximo 30 de novembro.
O Plan Estratéxico do Culster TIC marcará os obxectivos e liñas de traballo que deberán guiar o labor da entidade nos próximos tres años. A metodoloxía para a súa realización incluirá roldas de entrevistas e grupos de discusión nos que se invitará a participar ás empresas e entidades membros do Cluster. Na mesma liña, traballarase cos diferentes grupos de interese (administracións, axentes sociais, sociedade civil...) do entorno do Cluster TIC. Farase tamén unha análise das estratexias doutros cluster TIC de España e do estranxeiro. Trátase, deste xeito, de sondar as diferentes sensibilidades e integralas no que será a auténtica folla de ruta do Cluster TIC Galicia.
Comentarios