O 14 de xuño, ás 12:30h, terá lugar na sala Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a presentación dos Plans de Sistemas Sectoriais para os sectores Alimentario, da Madeira e o Téxtil, iniciativa do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración co Cluster TIC Galicia.
Esta acción enmárcase dentro da Axenda de Competitividade Industrial, constituíndo unha ferramenta para o fomento da implantación da Industria 4.0 nos sectores industriais galegos, analizando a súa situación actual e as posibilidades de dixitalización futuras.
Durante a xornada, presentaranse as principais conclusións recollidas nos plans para cada sector e aproveitarase a ocasión para manter un diálogo interesectorial a través dunha mesa redonda cos sectores analizados e o sector TIC. Haberá tamén ocasión de fomentar os contactos intersectoriais entre as empresas asistentes, co gallo de que compartan oportunidades e capacidades dos seus respectivos sectores.
A asistencia a esta xornada permitirá coñecer de primeira man:
Comentarios