O CPEIG convoca a expertos internacionais no seminario sobre a Axenda Dixital Europa e as Redes Transeuropeas

O CPEIG convoca a expertos internacionais no seminario sobre a Axenda Dixital Europa e as Redes Transeuropeas


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o seminario Axenda Dixital Europea e Redes Transeuropeas que, desde unha perspectiva da UE, española e autonómica, proporcionará unha visión xeral das políticas dixitais a eses tres niveis, ilustradas mediante a presentación das axendas dixitais da UE, de España e a relación existente entre elas.

Un destacado elenco de especialistas internacionais, de ámbito español e galego  incidirán, durante os vindeiros días 9 e 10 de xullo, na importancia da interoperabilidade coma un requisito necesario para a interconexión dos sistemas informáticos a nivel da Unión Europea. Mediante exemplos concretos de sistemas informáticos ilustrarán e afondarán nesa interoperabilidade. Así mesmo, presentarán as estratexias europeas en cloud computing e licitación electrónica. As dúas xornadas do encontro terán lugar no Salón 103 do Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia.

O formato do seminario consiste en presentacións relativamente curtas, duns 30   minutos de duración, seguidas por un debate entre relatores e asistentes. A xornada do día 9 é de mañá e tarde, namentres que a do día 10 só ten horario matutino. 

O seminario Axenda Dixital Europea e Redes Transeuropeas. Perspectivas da UE, nacional e autonómica está coordinado por Francisco García Morán,  conselleiro xefe en TIC e ex director xeral de Informática da Comisión Europea e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo.

Programa da xornada

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies