O Cluster, VCN e Zarpamos suman forzas para dar apoio aos emprendedores

O Cluster, VCN e Zarpamos suman forzas para dar apoio aos emprendedores


O Cluster TIC Galicia asinou un convenio coa aceleradora de empresas Zarpamos para a colaboración en iniciativas que favorezan a posta en marcha e o desenvolvemento de proxectos de emprendedores no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. Ao acordo súmase tamén Vindeira Capital Network (VCN), como iniciativa estratéxica do Cluster no marco da Plataforma Tecnolóxica das TIC Vindeira que reúne investidores, analistas e emprendedores para a posta en marcha dunha estrutura de capital risco estable para o sector na comunidade autónoma.

O convenio prevé que Zarpamos será invitada a participar e a colaborar na organización dos eventos que promovan VCN e o Cluster TIC Galicia. Reciprocamente, o Cluster e VCN poderán participar e colaborar nas iniciativas de Zarpamos.

Igualmente, as tres entidades organizarán de xeito conxunto conferencias, seminarios e outros programas formativos centrados no desenvolvemento de proxectos de emprendedores.

Como parte do acordo, que terá unha vixencia dun ano prorrogable, Zarpamos poderá presentar de xeito directo un proxecto á próxima edición do Foro de Investimento Vindeira Capital Network.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies