O Cluster TIC promove, para os seus socios, un proxecto de facturae

O Cluster TIC promove, para os seus socios, un proxecto de facturae


O Clúster TIC Galicia promove o proxecto “Plataforma de eFactura Integrada cos xestores de contabilidade e ERPs das empresas” que ten por finalidade desenvolver unha plataforma de factura electrónica que permita ás empresas realizar unha mellor xestión da súa empresa, sempre cumprindo con todas as obrigacións legais que se lle esixen tanto ao emisor como ao receptor para o uso da factura electrónica. Dito proxecto está cofinanciado nun 50% polo Igape e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Co uso desta plataforma, as empresas poderán cumprir coa lexislación que obriga ao envío das facturas no formato electrónico facturae ás Administración Públicas, que entrará en vigor o 15 de xaneiro de 2015, tal como se indica na Lei 25/2013 de Impulso da Factura Electrónica e Creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público. A conexión entre a plataforma de facturación electrónica e o programa de contabilidade ou de xestión da empresa (ERP) poderá facerse de maneira automática, e non será preciso volver a teclear os datos da factura nun novo sistema, orientado o uso da plataforma tanto á emisión como á recepción de facturas. 

Ademais, a plataforma custodiará as facturas e permitirá, en calquera momento, a visualización da factura, a súa busca selectiva, obter a propia factura orixinal asinada electrónicamente e imprimila. Tamén permitirá, xunto coa sinatura electrónica, engadirlle á factura un selo de tempo recoñecido, que acreditará o momento no que a factura foi xerada e enviada.

As empresas que estean interesadas en participar no proxecto deberán contactar co grupo de xestión do Clúster (info@clusterticgalicia.com; telf. 881 939 651). Existe un número limitado de prazas e as empresas serán escollidas por orde de manifesto de interese.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies