O Cluster TIC, Premio Iniciativa Empresarial na II Noite da Enxeñería en Informática de Galicia

O Cluster TIC, Premio Iniciativa Empresarial na II Noite da Enxeñería en Informática de Galicia


O Cluster TIC Galicia recibirá o Premio Iniciativa Empresarial na segunda edición da Noite da Enxeñería en Informática de Galicia, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 15 de outubro. A nova foi feita pública polo propio Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), organizador do evento.

O CPEIG constituiuse en decembro de 2007 como corporación de dereito público e de carácter profesional con personalidade xurídica propia, e conta na actualidade con preto de 300 colexiados. Agrupa obrigatoriamente a todas as persoas que, tendo o título oficial de Enxeñaría en Informática ou Licenciatura en Informática, desenvolven actividades propias da profesión en Galicia.

Por segundo ano consecutivo, o CPEIG outorgará os seus premios dentro da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. A través de distintas categorías, estes galardóns recoñecen aquelas iniciativas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática.

Ademáis do Cluster TIC Galicia, que recibirá o Premio Iniciativa Empresarial, na II Noite da Enxeñería en Informática de Galicia serán galardonados a Factura Electrónica da Consellería de Facenda, como Proxecto Innovador; o Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta de Galicia, como Iniciativa da Administación, e Pablo Santos Luaces, conselleiro delegado e fundador de Códice Software, quen recibirá o Premio á Traxectoria Profesional. No transcurso da gala entregarase tamén un premio o Proxecto Fin de Carreira.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies