O Cluster, presente no evento de ‘brokerage’ de Oporto para facilitar a participación en proxectos europeos

O Cluster, presente no evento de ‘brokerage’ de Oporto para facilitar a participación en proxectos europeos


O Cluster TIC Galicia tomou parte no evento de brokerage Opportunities for KIS and SMEs in FP7, que tivo lugar onte en Oporto. Neste encontro internacional, organizado pola Axencia Portuguesa de Innovación e a plataforma Atlant-KIS, o Cluster estivo representado polo seu xerente, David Trigo López, quen mantivo reunións bilaterais con varios dos participantes co obxectivo de poñer as bases para facilitar a participación dos socios en proxectos europeos.
O encontro de Oporto deseñouse cunha orientación cara a empresas consultoras, centros tecnolóxicos, agrupacións empresariais e pequenas e medianas empresas (pemes) que ofertan servizos TIC ou xestionan proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D). Participaron en total 59 entidades.

Servizos intensivos de coñecemento

A plataforma europea Atlan-KIS ten como prioridade promover os servizos intensivos de coñecemento (SIC), entendendo estes como aqueles servizos de valor engadido que se levan a cabo entre as pemes e os provedores de coñecemento para fortalecer así a capacidade competitiva das empresas. A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia é socio do proxecto xunto a administracións públicas doutras rexións de Francia, Portugal, Irlanda, España e Reino Unido. Atlan-KIS ten desenvolvido unha plataforma web para facilitar a oferta e demanda de SIC entre entidades das diferentes rexións europeas. Os socios que desexen recibir máis información ou documentos relacionados co evento desenvolvido en Oporto poden solicitalo á administración do Cluster vía correo electrónico ou no teléfono 981 569 893.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies