O Cluster, na presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia

O Cluster, na presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia


O Cluster TIC Galicia estivo representado polo seu xerente, David Trigo López, no acto de presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia, que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela.

Concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento como é a cultura.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies