O Cluster invita aos socios a participar hoxe no seminario "Internacionalización Brasil: Cercano e Viable"

O Cluster invita aos socios a participar hoxe no seminario "Internacionalización Brasil: Cercano e Viable"


O mércores 22 de xuño realizaremos o seminario Internacionalización Brasil: Próximo e Viable que marcará o punto de arranque do proxecto Misión Comercial TIC Brasil.

Tal como viñemos informando en meses anteriores, estamos a desenvolver liñas de apoio e información para a internacionalización. Dentro do sector TIC, o principal evento que estamos a desenvolver este ano é a realización dunha misión comercial a Brasil no mes de setembro (do 26 de Setembro o 2 de Outubro). Esta misión forma parte de un evento networking que organizamos xunto aos nosos asociados en Brasil. Dentro deste evento e coa intención de alcanzar a mellor preparación e, á fin e ao cabo, preparar ás empresas para a súa internacionalización, realizaremos seminarios, consultoría de internacionalización e finalmente a misión comercial con axendas personalizadas e contactos con clientes, distribuidores e provedores no Brasil (Sao Paulo).

O pool de expertos inclúe a fiscalistas, economistas e enxeñeiros de telecomunicacións brasileiros ou con amplísima experiencia en Brasil e en todo caso con empresas que funcionan actualmente desde a cidade de Sao Paulo. O mércores 22 de xuño realizaremos o seminario Internacionalización Brasil: Próximo e Viable que marcará o punto de arranque do proxecto Misión Comercial TIC Brasil e ao que quería convidarche a asistir por entender que será sumamente interesante xa que como todo o que facemos, está moi orientado ao mercado. O seminario terá un enfoque totalmente informativo sobre as estratexias de internacionalización no mercado brasileiro, e as peculiaridades legais para a implantación ou comercialización con ese país. A xornada está organizada por Eganet, Agasol e o Cluster TIC Galicia e terá lugar na Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela) a partir dás 09:00 h. Todas aquelas empresas con algún tipo de interese no mercado brasileiro quedan convidadas a este evento Networking, independentemente de que participen activamente na misión a Sao Paulo que terá lugar a finais de setembro.

Achégase o programa do seminario.

Será necesario confirmar asistencia ao correo (info@clusterticgalicia.com ) ou ben no teléfono 981 56 98 93.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies