O Clúster TIC ten 3 proxectos colaborativos abertos á participación de todas as empresas, sexan TIC ou doutros sectores

O Clúster TIC ten 3 proxectos colaborativos abertos á participación de todas as empresas, sexan TIC ou doutros sectores


Os proxectos, cofinanciados nun 50% polo IGAPE e o FEDER, teñen o obxectivo de facilitar e mellorar a xestión e adecuar ás empresas ás novas demandas legais.

  1. eFactura.- Unha plataforma que se integra con xestores de contabilidade e cos ERPs das empresas. Con esta ferramenta adecuámonos as obrigas legais, tanto o emisor como o receptor da factura electrónica.  
  2. UNE-TIC.- Implantación e certificación da norma UNE 166002 que mellora a xestión da I+D+i, permitindo optimizar os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica. Ademais das melloras de xestión a súa implantación leva vantaxes económicas xa que as empresas acceden a bonificacións sobre a cota da Seguridade Social e a importantes deducións fiscais.    
  3. Elastic Projects.- Unha ferramenta de xestión de proxectos que permite un control e seguimento exhaustivo de horas, procesos, capacidades e recursos. Teremos análise de indicadores e posibilidade de adaptar a ferramenta ás particularidades de cada proxecto.
Os 3 proxectos teñen limitación de prazas e, despois dos prazos de preferencia para empresas socias, quedando vacantes ábrese a posibilidade a empresas non socias.

Os interesados en participar deben poñerse en contacto co grupo de xestión do Clúster TIC Galicia antes das 15 horas do venres 18 de xullo. O horario de oficina é de 8 a 15 horas e podes contactar por correo electrónico: info@clusterticgalicia.com ou por teléfono: 881 93 96 51.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies