O próximo 26 de novembro, terá lugar a xornada de transferencia “Intelixencia Artificial: aplicacións e oportunidades de negocio”, organizado polo Clúster TIC Galicia e o CITIC. Ao longo desta xornada o CITIC revisará o estado actual desta disciplina computacional con capacidade de dotar a moitas aplicacións dun comportamento intelixente, facendo fincapé na súa aplicabilidade en casos reais de interese para empresas TIC e doutros sectores. Aplicacións que abranguen os ámbitos da saúde, a enxeñaría, perfís en redes sociais e Big Data entre outros.
Farase unha demostración in situ das capacidades do CITIC neste ámbito, e identificaranse as tendencias futuras e oportunidades de negocio.
As empresas socias do Clúster recibirán a información completa deste proxecto en próximas datas.
Comentarios