O Clúster TIC Galicia comeza unha campaña de expansión para incrementar a súa base empresarial e ampliar as capacidades ante os grandes retos abertos dentro das estratexias de especialización.
O sector TIC é o referente para o cambio de modelo económico que se busca. A innovación, a especialización e a internacionalización son os eixos básicos nas estratexias europeas, estatais e autonómicas e as TIC galegas teñen que adaptarse, especializarse e colaborar para poder estar á fronte desta transformación social e económica.
Temos coñecemento, temos empresas e sabemos do potencial mais o volume empresarial maioritario existente, limita as capacidades do noso tecido para competir en mercados internacionais. Precisamos unirnos, coñecernos e colaborar para que a suma de capacidades permita conquistar o mercado global.
O Clúster TIC Galicia traballa para potenciar esta cooperación, buscando oportunidades e aliñando estratexias empresariais e institucionais para que as empresas saian fortalecidas e que incrementen a súa competitividade, calidade e especialización. Deste xeito as empresas poden participar nos grandes proxectos que se están a canalizar desde o Clúster:
Comentarios