Debido a realización de accións comerciais a Brasil por parte de asociacións integrantes do Cluster TIC Galicia, e nun intento de coordinar e aunar esforzos, traballando nunha mesma dirección, ábrese un novo periodo de inscripción para a realización da misión comercial directa a Brasil, trocando a data inicial do mes de xullo pola de finais do mes de setembro.
A data para inscribirse na misión comercial directa a Brasil remata o próximo día 11 de marzo, venres, as 14:00 horas.
Dende o Cluster TIC Galicia anímase a participación dos asociados na mesma, e é por elo que se prega a aquelas entidades interesadas que remitan o seguinte formulario de inscripción.
Comentarios