La Caixa e IBM selan unha alianza estratéxica para a xestión de infraestrutura tecnolóxica

La Caixa e IBM selan unha alianza estratéxica para a xestión de infraestrutura tecnolóxica


IBM e La Caixa anunciaron onte a sinatura dun acordo estratéxico de servizos por medio do cal a compañía informática se converte en socio tecnolóxico da entidade financeira catalana. O convenio terá unha duración de dez anos.

O acordo prevé que IBM e a sociedade de servizos informaticos do grupo La Caixa (SILK) xestionarán un presuposto de infraestruturas tecnolóxicas de máis de 2.000 millóns de euros no citado periodo de dez anos.

IBM prestará servizos de infraestrutura tecnolóxica, xestión de aplicacións e operacións, e xestionará os centros de proceso de datos de La Caixa situados nos concellos de Cerdanyola del Vallés e Sant Cugat del Vallés (Barcelona).

Segundo os asinantes, a alianza permitirá á entidade financeira catalana aforrar 400 millóns de euros, así como poñer en marcha de proxectos de mobilidade, redes sociais e cloud computing.

Fonte: IBM

Ler a nova na web de IBM

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies