Foro investimento Clúster TIC Capital Network

Foro investimento Clúster TIC Capital Network


FORO INVESTIMENTO CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK  

O Clúster TIC Galicia abre a inscrición para participar no foro de emprendedores-investidores CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK.  A maior iniciativa de investimento TIC de Galicia na que se identifican oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBTs, así como a de facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes.

QUÉN SE PODE PRESENTAR?

Emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado; que se atopen nun proceso inicial de desenvolvemento ou que precisen dunha ampliación de capital que lles permita o despegue de forma definitiva.
O prazo de inscrición remata o 12 de outubro de 2014


QUÉ PROXECTOS PARTICIPARÁN NO FORO?
Os interesados poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario. Un comité de expertos TIC fará a selección dos que pasarán a participar no foro.
O proceso de selección rematará o 24 de outubro de 2014
 

QUÉN ESTARÁ NO FORO?

Os proxectos seleccionados e os investidores TIC.

O Clúster organizará o evento para que todos os proxectos seleccionados sexan presentados, en modo elevator-pitch, ante os investidores; tamén terán múltiples oportunidades de networking directo con eles.

CANDO SE CELEBRARÁ O FORO?

Na primeira quincena de novembro

Máis información: info@clusterticgalicia.com | Tlf.: 881 939 651

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies