ERICSSON AGASALLA AO CLÚSTER TIC CON ENTRADAS AO MOBILE WORLD CONGRESS

ERICSSON AGASALLA AO CLÚSTER TIC CON ENTRADAS AO MOBILE WORLD CONGRESS


A cortesía de ERICSSON permitiu ao Clúster sortear, entre as pemes e startups socias interesadas, as tres entradas que lle dan acceso gratuíto ao maior encontro profesional do sector das telecomunicacións móbiles que se desenvolverá en Barcelona do 2 ao 5 de marzo, o Mobile World Congress Barcelona.

O mércores 28 de xaneiro realizouse o sorteo e as empresas afortunadas son: Bahía Software, Imatia e Sixtema. Os parabéns!

O Clúster TIC Galicia agradece a ERICSSON a colaboración e apoio que nos está prestando que a bo seguro irá en incremento e permitiranos acadar máis e maiores proxectos.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies