Dende MeteoGalicia e o Centro de Supercomputación de Galicia estase traballando para mellorar os resultados obtidos có proxecto MeteoSIX e por elo agradecemos que nos aporten as súas respostas ás preguntas que consideren convintes:
- ¿Qué suxerirían para mellorar o servizo? Por favor explíqueno o máis detalladamente posible (frecuencia de subministración de información, formato empregado, etc).
- ¿Coñecen a aplicación de Meteosix para Android? ¿Que suxerirían para mellorala?
- ¿Coñecen a aplicación de Meteosix para iPhone/iPad? ¿Que suxerirían para mellorala?
- ¿Que outra información meteorolóxica ou oceanográfica podería ser de interese para vostedes e/ou os seus clientes actuais ou potenciais? ¿De que forma podería servirse: a través de web, de app para móbil...?
- ¿Sería útil para vostedes ter unha xornada colectiva de formación sobre o proxecto, e en concreto sobre as aplicacións e servizos de MeteoSIX: API, as aplicacións para móbiles, outros servizos de datos de predición (THREDDS, WMS...), próximos servizos de datos de observación (de estacións, boias, radar...) e en xeral sobre o acceso a calquera tipo de información de MeteoGalicia? (Especifiquen se lles interesaría algún tema en particular).
- ¿Sería útil para vostedes ter unha reunión individualizada de formación sobre o proxecto?
Envíen as súas respostas a
eneira(arroba)cesga.esEn caso de estar interesados/as en formación adicional sobre MeteoSIX, agradeceriámoslles que nos indicasen o nome, teléfono e correo electrónico dunha persoa de contacto na súa organización para poder xestionar axeitadamente esta petición.
Henrique Neira
eneira(arroba)cesga.es 981569810 ext 247
Comentarios