EGATEL presenta novos transmisores e gapfillers de baixa potencia en NAB show 2016

Óscar Santos Rodríguez,

EGATEL presenta novos transmisores e gapfillers de baixa potencia en NAB show 2016


Egatel estará novamente presente en NAB show 2016 entre o 18 e o 21 de Abril en Las Vegas, este ano para presentar novas series de transmisores de TV e gapfillers de baixa potencia. As familias TUWH1000 e RUWH1000 presentan un deseño compacto alcanzando potencias de ata 115 Wrms nunha soa unidade de rack e facilitando aos operadores as tareas de instalación, operación e mantemento.

Con este lanzamento a compañía amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, aplicando a Tecnoloxía Doherty en banda ancha a transmisores e reemisores que se utilizarán nas últimas fases de cobertura dunha rede de TV.

Ofrecen unha relación prestacións-custe inmellorable, ningún outro fabricante broadcast asumira este compromiso en favor da eficiencia aplicada ao aforro de enerxía e espazo” afirma José M.M.Mariño, Director de Ventas e Marketing de Egatel, "As canles de televisión necesitan facilidades fronte aos custosos gastos de mantemento e buscan sistemas fiables e de calidade”.

As novas series que están preparadas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC, ISDB-Tb) foron especialmente deseñadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia e cun potente cancelador de ecos multistandard, no caso dos gapfillers SFN, de altas prestacións. Un intuitivo Web GUI posibilita a xestión completa dos equipos en modo local ou remoto resultando as tarefas de supervisión e mantemento extraordinariamente sinxelas.

Tamén se exhibirá o ‘Smart LNB’, un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. O 'smart LNB' é un dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novidoso transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. O terminal revolucionará o mercado SatCom, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como, HbbTV, Redes Sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): e-health, Casa Conectada, Smart Metering, etc.

Sobre Egatel
Egatel, con sede en Ourense, España, foi fundada en 1992, está integrada na Área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, grupo referente no sector das infraestruturas e a enxeñaría.

COMSA Corporación suma unha facturación de máis de 1.300 millóns de euros, conta cun plantel de máis de 8.000 persoas e presenza en 25 países. O grupo está organizado en tres áreas de negocio: Infraestruturas e Enxeñaría, Servizos e Tecnoloxía, e Concesións e Enerxías Renovables.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies