Coremain, representada polo seu director xeral Luís Sestelo, foi unha das dúas empresas españolas seleccionadas para contar a súa experiencia de internacionalización en México, no programa Made in Spain que emite Radio Exterior de España.
A emisión deste especial enmarcouse no foro empresarial entre España e México, organizado polo Banco Popular, con motivo da recente visita a España do presidente do país Norteamericano, Enrique Peña Nieto. Para analizar as relacións entre ambos países e as tendencias actuais do mercado, Made in Spain contou coa presenza do director de Banca de Clientes do Banco Popular, Miguel Ángel Luna; o director rexional noroeste de Proméxico, organismo que depende do Goberno federal mexicano, Edmundo González; o presidente da firma mexicana BSD Enterprise, Arturo Cervantes; o presidente da empresa española Global Exchange, Isidoro Alanis e o director xeral de Coremain, Luís Sestelo.
Durante o debate, tanto o representante da empresa mexicana implantada en España, como os directivos das dúas compañías españolas con presenza en México, Global Exchange e Coremain, tiveron ocasión de relatar as súas experiencias na internacionalización, un proceso que no caso de Coremain, e en palabras de Luís Sestelo, xurdiu dunha necesidade de apertura de novos mercados. Pola súa parte, o representante de Proméxico destacou os valores engadidos que ten este país para atraer investimentos, non só pola súa posición xeográfica privilexiada próxima ao mercado de EEUU e como porta ao latino americano, senon tamén polo seu crecente mercado doméstico, os tratados de libre comercio e a estabilidade económica da que goza.
Comentarios