O Clúster TIC Galicia colabora neste evento e ofrécelle aos socios convites profesionais de empresa que lles permitirá acceder de xeito gratuíto ao programa de conferencias do evento.
As “VI Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial”, organizadas pola Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, terán lugar do 3 ao 7 de novembro no Auditorio del Centro Social AFUNDACIÓN en Vigo.
O evento contará coas ponencias de técnicos responsables de produto de empresas multinacionais fabricantes de solucións industriais e líderes no seu sector; e de profesionais de industrias, institucións e centros tecnolóxicos con recoñecido prestixio na eurorrexión.
O Acto de Apertura, o luns 3 de novembro, contará con tres interesantes ponencias sobre a evolución das tecnoloxías de control en Plantas de celulosa (impartida por un alto directivo de ENCE Pontevedra), o proxecto de Vehículo conectado Car Easy Apps (PSA Peugeot Citroën) e o uso das Tecnoloxías Wearables e Google Glass en aplicacións industriais (ITGLAS).
Tamén está prevista a presenza -nas zonas de control de acceso- de interesantes Demos en vivo sobre:
Comentarios