O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Estes galardóns entregaránse no trascurso da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que terá lugar o venres 21 de outubro na Toxa.
O prazo de recepción de candidaturas remata para todos os premios o vindeiro 19 de setembro ás 14.00 horas.
Fonte: COETG-AETG
Ver información na web do COETG-AETG
Comentarios