(17-11-2011)
O co fundador de Blusens Technology, Miguel Silva, vén de anunciar a través de Twitter que a súa compañía xa ten dispoñible un novo produto con Android, trátase do tablet con pantalla de 7 polgadas Blusens Touch 70, que está deseñado para navegar pola Internet e gozar do contido almacenado nos seus 2 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb).
Este novo dispositivo ten unha pantalla táctil cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador WM650 a 600 MHz, 256 Mb de RAM, funciona con Android 2.2 con soporte de Flash Player 10.1, ten unha cámara de 2 Mpíxeles, Wi-Fi e mesmo 2 portos USB 2.0 o que permite, entre outras cousas, a conexión dun modem USB 3G para conectarse á Rede a través da banda larga móbil.
Fonte: Código Cero
Ler máis
Comentarios