Atos anunciou o pasado 9 de xaneiro a compra do 50% de MSL Group, firma especializada na subministración de resultados en tempo real e sistemas de información para grandes eventos deportivos.
Atos, compañía internacional de servizos de tecnoloxías da información e membro do Cluster TIC Galicia, é partner tecnolóxico mundial para os Xogos Olímpicos e Paralímicos, o que da idea do seu vencellamento ao mundo dos grandes acontecementos deportivos.
A adquisición da metade do capital de MSL Group viría reforzar este perfil de Atos, e aínda máis tendo en conta que o acordo inclúe unha opción para unha futura adqusición da totalidade do capital.
Deste xeito, MSL Group e Atos Major Events constituirán dentro de Atos “un novo líder internacional en deporte e grandes eventos do sector das tecnoloxías da información (TI)”, con 5.000 expertos capacitados para dar soporte a este tipo de producións.
Fonte: Atos
Comentarios