Comezamos unha nova actividade para potenciar a colaboración, coñecemento e negocio entre empresas socias.
Favorecer o factor arrastre e dar a coñecer os produtos e capacidades das TIC galegas son os dous motores nos que baseamos este proxecto.
METODOLOXÍA XERAL DOS ALMORZOS
- Acorde as indicacións de interese dadas polos socios, o Clúster irá organizando almorzos coas persoas, empresas e entidades.
- A persoa|empresa|entidade convidada será quen especifique as características que busca e determinará as súas preferencias de reunión entre os socios que manifesten o seu interese.
- O número de prazas máximo será de 5 para que a posibilidade de presentación, negocio e xantar sexa realmente posible.
- A escolla dos participantes farase pola parte convidada e se esta recusara será o Clúster o que o faga en base a criterios de maior potencial de negocio, segundo os datos dos que dispoñemos das visitas realizadas ás empresas.
- O almorzo farase na localidade galega que indique a parte convidada e o Clúster xestionará o lugar de encontro.
QUÉN PODE PARTICIPAR?As
empresas socias que teñan produto con potencial de negocio para o convidado. Terán
prioridade as PEMES. A participación das entidades pertencentes ao Comité de Dirección (CODI) queda supeditada a dispoñibilidade de prazas.
CANTOS PARTICIPANTES HABERÁ EN CADA ALMORZO?A
parte convidada e
5 entidades socias (
prazas limitadas a 1 persoa por entidade)
INSCRICIÓNS- Accede e cubre os datos no formulario.
- Non esquezas especificar e dar detalle dos produtos e servizos dos que farías a presentación.
Recomendámosche que fagas a maior descrición posible e as potencialidades que se conseguiría coa colaboración da parte convidada.
1º ALMORZO DO CLÚSTER TIC...None
Comentarios